Saltar ao contido principal

El crimen del lago, de Xiaolong Qiu

Por unha vez, a chamada dun alto cargo que recibe o inspector xefe Chen Cao, do Departamento de Policía de Shangai, é para darlle unha boa noticia: ofrécenlle unhas vacacións no complexo privado que o partido ten en Wuxi, a beiras do lago Tai. Pero á súa chegada descobre que o lago, célebre polas súas augas cristalinas, está contaminado por residuos tóxicos procedentes das fábricas da zona. O director dunha desas fábricas, un empresario do que Beijing esperaba «grandes cousas», aparece asasinado, e ao pouco deteñen a un activista ambiental ao que acusan do crime. Chen coñece pouco despois a Shanshan, unha bela moza, ansiosa por demostrar a inocencia do sospeitoso. E vese obrigado a actuar con cautela. Rodeado de corrupción, presións políticas e rancores longo tempo ocultos, Chen quererá desentrañar os motivos que se esconden tras o asasinato.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.