Saltar ao contido principal

Atomka, de Franck Thilliez

A poucos días de Nadal, un suceso de grande envergadura irrompe nas vidas de Lucie Hennebelle e Franck Sharko, policías da famosa sección criminal do número 36 do Quai deas Orfèvres. Aparece o cadáver de Christophe Gamblin, xornalista de sucesos, encerrado no conxelador da súa casa e a súa compañeira desaparece mentres levaba a cabo unha serie de entrevistas sobre un caso explosivo do que ninguén coñece os detalles. A única pegada que parece ter deixado é o seu nome esborranchado nun papel que conserva un neno vagabundo e moi enfermo. Ao mesmo tempo, un antigo caso de mulleres secuestradas volve saír á superficie: vítimas botadas vivas pero inconscientes a lagos practicamente conxelados, e rescatadas in extremis grazas a varias chamadas anónimas á policía. Os sinais dun asasino brutal obsesionado coa hipotermia arrastrarán a Lucie e a Sharko cara á zona prohibida dun lugar aterrador e devastado. Mentres a investigación se acelera, Sharko enfróntase a vellos demos que o conducirán a un duelo secreto e cruel que o irá destruíndo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.