Saltar ao contido principal

La isla de las mil fuentes, de Sara Lark

"La isla de las mil fuentes", de Sarah Lark, autora doutros libros de éxito como a Triloxía da "Nube Blanca" ("En el país de la nube blanca", "La canción de los maories" e "El grito  de la terra"), é unha novela de narrativa estranxeira na que a autora nos transporta agora cara ao Caribe e a beleza das súas illas: un novo territorio exótico recreado maxistralmente a través dunha historia familiar fascinante, inesquecible e única. Sarah Lark, best seller mundial grazas á Triloxía da Nube Branca ambientada en Nova Zelandia, inicia a súa nova saga familiar nun inédito e exótico setting: a illa caribeña de Xamaica e as súas plantacións de azucre. Sarah Lark é a cabeza de cartel dun xénero que fascinou a millóns de lectores en todo o mundo: o das Landscape novels: paixón, romance, viaxe e aventuras, choque de culturas, descubrimento dunha paisaxe exótica e afastada..., todo iso cunha ambientación minuciosa e uns personaxes inesquecibles.

Illa de Xamaica. Tras a morte do seu primeiro amor, Nora, a filla dun comerciante londiniense, únese, a través dun matrimonio de conveniencia, a Elias, un viúvo propietario dun plantación de azucre. A vida no Caribe, non obstante, non é como Nora soñara. A partir do asalto nocturno á plantación, Nora verase envolvida nos tumultos provocados por escravos rebeldes relacionados coa Avoa Nanny, quen tamén foi escrava. Nora pérdeo todo, salvo a vida e a esperanza de encontrar de novo o amor e decidir libremente sobre o seu futuro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.