Saltar ao contido principal

Novidade

Volta o Safier de Maldito karma, cun orixinal argumento tamén en torno á familia e protagonizado por unha carismática libreira.
 
Sinopse
 
A familia Van Kieren está ao borde do caos. A librería da nai, Emma, está na bancarrota; o pai traballa demasiado; a filla adolescente non aproba nin unha asignatura, e ao fillo pequeno a rapaza que lle gusta humillao. Para colmo, despois dunha festa, unha bruxa fai un feitizo aos Van Kieren e condenaos a converterse no personaxe do que van disfrazados: de repente son unha vampira, Frankenstein, a momia e o lobishome.

Para romper o feitizo, este singular cuarteto partirá en busca da bruxa por medio mundo. E no camiño atoparase cun montón de monstros auténticos: vampiros, lagartos xigantes e turistas alemáns en viaxe organizado. Pero por moito que busquen, os Van Kieren non poderán deixar de ser monstros ata que volvan a crer na felicidade familiar.

David Safier regresa cunha novela hilarante sobre a familia, unha historia que nos amosa como moitas veces non valoramos o que temos máis cerca ata que o vemos con novos ollos. Se cres que a túa familia é un caos, é que ainda non coñeces aos Van Kieren: «Una novela que te hace más feliz», Buchwurm; «Para morirse de risa», Schweriner Volkszeitung.
 
 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.