Saltar ao contido principal

Entrega Premio María Moliner de animación á lectura 2008

O pasado venres estivemos en Astorga recollendo o Premio ao "Mejor Proyecto de Animación a la Lectura" que nos concedeu o Ministerio de Cultura na XI edición da Campaña María Moliner.

A entrega de premios estaba pendente dende o ano pasado por cambios no Ministerio de Cultura polo que este ano entregáronse en Astorga os premios das edicións 2008 e 2009. As bibliotecas premiadas foron:

2008
  • "Premio María Moliner al mejor proyecto de animación a la lectura": Biblioteca municipal "Juan Fernández Latorre" de Ortigueira (A Coruña).
  • "Premio María Moliner a la mejor labor bibliotecaria": Biblioteca central de Igualada (Barcelona).
  • "Premio María Moliner al mejor proyecto de integración social": Biblioteca municipal de Corralejo, La Oliva (Las Palmas).
2009
  • "Premio María Moliner al mejor proyecto de animación a la lectura": Biblioteca municipal de La Vall dUixó (Castellón).
  • "Premio María Moliner a la mejor labor bibliotecaria": Biblioteca municipal de Astorga (León).
  • "Premio María Moliner al mejor proyecto de integración social": Biblioteca municipal de Sevilla la Nueva (Madrid).


Recibimos o premio de mans de D. Rogelio Blanco, Director General del Libro, la Lectura y las Letras. Na foto estamos con el unha vez rematado o acto de entrega.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.