Como podedes ver despois da "resaca" polo premio María Moliner houbo un pequeno paréntesis no noso blogue. Agora chegou o momento de poñelo ao día, e aínda que sempre intentamos informar sobre as actividades antes de realizalas, no caso do mes de novembro o facemos unha vez rematadas.Este mes traballamos con dúas temáticas diferentes. Por un lado elaboramos marmeladas de contos en tres obradoiros que se levaron a cabo os días 5 , 12 e 19 . E por outro lado asistimos a unha sesión de cine o día 26. Ambas propostas reflicten as actividades tan diferentes que podemos facer na biblioteca.
Comentarios