Saltar ao contido principal

Día do Libro 2008 - Entrega de premios do IV Concurso de debuxo en formato marcapáxinas

O día 23 os rapaces gañadores do IV Concurso de debuxo en formato marcapáxinas recibiron os seus premios.

O primeiro premio correspondeu a Álvaro Prieto Piñeiro, que recibiu un DVD portátil, un lote de libros e a edición do marcapáxinas co debuxo creado por el.

Os catro segundos premios consistentes en lotes de libros foron para: Carla Fernández Riveira (educación infantil), Andrés Muíño Blanco (1º ciclo), Eliana Abella Pajón (2º ciclo) e Aldara Dovale Lorenzo (3º ciclo).

Na foto están tod@s menos Carla, que non puido asistir á entrega de premios.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.