Onte continuamos a nosa viaxe por Xapón. Comezamos lendo o "Gaito Kamishibaiya : educación en valores", que narra a historia de Haruto, un aviador xaponés que gozaba voando polo ceo, ata que tivo que pilotar un avión de guerra. Cando terminou aquel horror decidiu percorrer o mundo contando historias Kamishibai e regalando optimismo, alegría e sobre todo paz. É un conto moi adecuado para coñecer a historia do Kamishibai e fomentar o espírito emprendedor. Rematamos a sesión confeccionando a pomba de Haruto.