Saltar ao contido principal

Publicacións

"Os contos da leiteira" - 4 de marzo

O día 4 de marzo, a editorial OQO traeranos o contacontos "Os contos da leiteira" ás 17:30 h. dentro das actividades programadas pola Concellería de Igualdade - CIM para celebrar o Día Internacional da Muller. A entrada é libre.

Benvidos a Xapón! - Mes de marzo

No mes de marzo continuamos co programa Benvidos a Xapón! con obradoiros destinados a diferentes tramos de idade. Lembrade que precisan inscrición previa.

Benvidos a Xapón! - 19 de febreiro de 2020

Última sesión de actividades do mes de febreiro. Igual que a semana pasada continuamos aprendendo máis sobre Xapón e convertémonos nuns xaponeses moi apropiados para esta época do ano. Lembrade que no mes de marzo continuamos co programa Benvidos a Xapón! Esperámosvos!

Benvidos a xapón! - 12 de febreiro de 2020

Na segunda xornada do programa "Benvidos a Xapón!" continuamos aprendendo unha morea de cousas sobre a cultura xaponesa e convertémonos nuns nipóns moi feitiños.

Benvidos a Xapón! - 5 de febreiro de 2020

O pasado mércores comezamos coas actividades do programa "Benvidos a Xapón!". Nas dúas primeiras sesións traballamos co libro "Lolota en Xapón" e demos unhas pinceladas sobre a cultura xaponesa. Finalizamos confeccionando uns divertidos abanicos.

Benvidos a Xapón!

No primeiro semestre de 2020, imos mergullarnos na cultura xaponesa. Con ela van estar relacionadas as actividades que desenvolvamos para os máis pequenos pero tamén outras actividades destinadas a diferentes tipos de público. En primeiro lugar, acabamos de poñer á vosa disposición diversos materiais que podedes levar en préstamo ou consultar na biblioteca. Uns formaban xa parte dos fondos existentes, outros acabamos de adquirilos e outros foron doados pola Fundación Japón . Ao longo destes meses iremos amosando con máis detalle devanditos materiais. Esperamos que sexan do voso interese e que gocedes das diferentes actividades programadas.

Actividades febreiro 2020

Estamos a piques de comenzar o novo ciclo de actividades deste ano. Nesta ocasión imos achegarnos a unha cultura moi diferente á nosa.