Saltar ao contido principal

Publicacións

Andel de novidades

Andel de novidades

Na biblioteca estamos mortos de medo!!!

Monstros, vampiros, zombies, pantasmas, bruxas... Libros de medo na biblioteca infantil. Quen se atreve a lelos?  

Aviso!

A Xunta de Galicia está a iniciar un proceso de cambio do programa de xestión bibliotecaria que utilizamos actualmente co fin de ofrecer novas prestacións. Con este motivo o persoal da biblioteca vai asistir a dúas xornadas de formación o xoves 24 e o venres 25, polo que a biblioteca permanecerá pechada en horario de mañá. Polas tardes si estará aberta no seu horario habitual.

21 de setembro - Día Mundial do Alzheimer

Convidámosvos a achegarvos a esta enfermidade a través de contos, cómics, películas, novelas... para as diferentes idades.

El mundo de Hielo y Fuego

Xa na biblioteca "El Mundo de Hielo y Fuego", a pequena enciclopedia sobre "Canción de Hielo y Fuego" realizada por George R.R. Martin, Elio Martin e Linda Antonsson. Unha visita ilustrada aos Sete Reinos e ao mundo de "Juego de tronos". "El mundo de Hielo y Fuego" é un traballo de documentación titánico que abrangue dende a Era do Amañecer ata a Idade dos Heroes; dende a chegada dos primeiros homes ata o desembarco de Aegon el Conquistador, a Danza dos Dragóns e a rebelión do rei Robert. Un verdadeiro tratado elaborado a partir de todas as fontes dispoñibles: libros e pergameos da biblioteca da Cidadela, cancións e tradicións populares, textos sagrados da Fe e o coñecemento arcano de bruxos e magos.

Horario

A partir de mañá, día 1 de setembro, a biblioteca volve ao horario de inverno: - De luns a venres: de 10:00 a 13:30 h. e de 16:00 a 20:00 h. - Sábados: de 10:00 a 13:30 h.