Saltar ao contido principal

Publicacións

La ley de los justos, de Chufo Llorens

A finais do século XIX, Barcelona vive unha época de esplendor. Acaba de celebrarse con grande éxito a Exposición Universal e unha burguesía próspera e culta, que busca inspiración nos salóns parisienses, exhibe a súa elegancia en festas e reunións musicais. Pero ao outro lado da cidade, onde as rúas estreitan e cheiran a pobreza, o rancor e a inxustiza están a fraguar unha revolución capaz de recorrer á violencia máis descarnada. Neste ambiente cargado de desconfianza e temor, Candela e Juan Pedro , procedentes de clases sociais moi distintas, terán que enfrontarse aos prexuízos duns e outros para defender o seu amor. Fragmento

Andel de novidades

Andel de novidades

Andel de novidades

Día Internacional do Libro Infantil

A semana pasada celebramos o Día Internacional do Libro Infantil cun taller de plastilina para nenos de 4 a 12 anos e regalando unhas doce bolboretas a todos aqueles que utilizaron o servizo de préstamo infantil. Grazas a todos os que participastes.

Actividades para o alumnado de 3º ciclo do CEIP "José María Lage"

Hoxe rematamos as visitas escolares do CEIP programadas para este curso. Esta semana foi a quenda do alumnado de 3º ciclo. Con eles lemos un par de historias do libro "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl . A continuación xogamos a adiviñar as historias de varios libros ocultos a través da lectura de pequenos fragmentos.

La Templanza, de María Dueñas

Nada facía supoñer a Mauro Larrea que a fortuna que levantou tras anos de tesón e ousadía se lle derrubaría cun estrepitoso revés. Afogado polas débedas e a incerteza, aposta os seus últimos recursos nunha temeraria xogada que abre ante el a oportunidade de rexurdir. Ata que a perturbadora Soidade Montalvo , esposa dun marchante de viños londiniense, entra na súa vida envolvida en claroscuros para arrastralo a un porvir que xamais sospeitou. Da nova república mexicana á espléndida Habana colonial; das Antillas ao Xerez da segunda metade do XIX, cando o comercio dos seus viños con Inglaterra converteu a cidade andaluza nun enclave cosmopolita e lendario. Por todos estes escenarios transita La Templanza , unha novela que fala de glorias e derrotas, de minas de prata, intrigas de familia, viñas, adegas e cidades soberbias cuxo esplendor se esvaeceu no tempo. Unha historia de coraxe ante as adversidades e dun destino alterado para sempre pola forza dunha paixón. www.plan...