Saltar ao contido principal

Publicacións

Letras Galegas 2014

Esta semana celebramos as Letras Galegas cun pequeno centro de interese sobre Xosé María Díaz Castro, escritor homenaxeado este ano. Para os máis pequenos teremos o mércores 21 unha sesión de contacontos con Elefante elegante ás 17:30 h. na sala infantil.

Pasen e lean - Alumnado de infantil

Onte finalizamos as segundas sesións do programa "Pasen e lean" co alumnado de educación infantil. Traballamos coa historia de " Olivia salva el circo", xogamos a adiviñar sombras e confeccionamos unha lámina de Olivia disfrazada de pallaso. Como colofón entregamos a cada neno unha tarxeta coa súa fotografía no photocall.

Mércores creativos

O 30 de abril levamos a cabo o segundo mércores creativo. Nesta ocasión pintamos con acrílicos de diferentes cores. Estas son as nosas obras de arte:

Contacontos con Fátima Fernández

Onte visitounos Fátima Fernández coa súa maleta chea de libros e contounos unha morea de  historias moi divertidas.

Photocall Día do Libro

Varias recomendacións máis.

Photocall Día do Libro

Os usuarios continúan deixando as súas recomendacións lectoras.

Photocall Día do Libro

Aquí están as primeiras recomendacións de lectura no Día Mundial do Libro 2014. Animádevos a participar.