Onte iniciamos os talleres "mércores creativos". Cos máis pequenos elaboramos unha pequena eiruga e cos maiores uns marcos de fotos. Ambas as dúas actividades contribúen a estimular a destreza manual e a creatividade.
O próximo venres 28 invitámosvos a asistir á mesa redonda sobre a obra de Ramón Bascoy: "La Comarca del Ortegal en el II milenio antes de Jesucristo", que terá lugar na Biblioteca municipal ás 20:00 h.
Esta semana rematamos as primeiras sesións co alumnado de 3º ciclo. Cos alumnos de 5º e 6º curso lemos un par de historias do libro "El circo mágico". A continuación fixemos un xogo de adiviñas con sombras e rematamos elaborando un marcapáxinas forzudo (idea sacada de http://laclassedellamaestravalentina.blogspot.com.es/).
Esta semana visitáronnos os alumnos de 2º ciclo. Despois de ler " Héctor , el hombre extraordinariamente fuerte" adiviñamos un montón de sombras relacionadas co mundo do circo e confeccionamos uns marcapáxinas cos protagonistas da historia.
Esta semana é a quenda dos alumnos de primeiro ciclo. Nesta ocasión lemos a historia de " Titiricircus ". A continuación xogamos a adiviñar diferentes sombras relacionadas co mundo do circo. Para rematar elaboramos un pallaso que podemos colgar na porta dos nosos cuartos cando queiramos que ninguén nos moleste mentres lemos ou estudamos.