Saltar ao contido principal

Publicacións

Nova mostra bibliográfica

A nova mostra bibliográfica achéganos unhas lecturas moi variadas.

Contacontos con Soledad Felloza

Hoxe recibimos a visita de Soledad Felloza que nos contou unhas historias moi divertidas.

Galego de cine en Ortigueira

O venres tivemos a ocasión de acoller na Biblioteca unha sesión de "Galego de cine". Esta actividade está incluida no programa de dinamización FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística. Os rapaces e rapazas que asistiron visionaron nunha pequena caravana curtas de animación en galego. A continuación realizaron unha serie de actividades que lles permitiron ter un papel activo no seu achegamento ao cinema na nosa lingua. Os resultados poden verse na canle de Youtube Galego de Cine .

Legado bibliográfico Antonio Rivera Losada

O venres inauguramos o legado bibliográfico de Antonio Rivera Losada. Este legado permítenos coñecer mellor as súas inquietudes culturais. Podedes consultar o mesmo no catálogo da Biblioteca.

Legado bibliográfico de Antonio Rivera Losada

Hoxe, ás 20:00 h. inauguramos o legado bibliográfico de Antonio Rivera Losada. Gustaríanos contar coa vosa presenza.

Charles Dickens

Este ano celebramos o bicentenario do nacemento de Charles Dickens.

Disfrázate

Se necesitas ideas para confeccionar os teus disfraces ou para maquillarte no entroido, visita a mostra bibliográfica deste mes na Biblioteca.