Saltar ao contido principal

Publicacións

Obradoiro expreso de maga

Hoxe recibimos a visita do ilustrador GoChi de "Cerditos de Guinea Cómics" que nos trouxo o seu "Obradoiro expreso de manga". Os rapaces e rapazas que asistiron á actividade foron os membros do clube de lectura de cómic do IES de Ortigueira. Aprendimos un montón de cousas sobre a banda deseñada xaponesa.

Actividade para os almun@s de 3º curso

Onte e hoxe realizamos as sesións destinadas ao alumnado de 3º curso. Despois de ler unha versión diferente de "Alí Babá e os 40 ladróns" convertímonos en ladróns escondéndonos nunhas ánforas que elaboramos con cartolina personalizando a súa decoración.

Día das Letras Galegas 2011

Para celebrar o Día das Letras Galegas tedes á vosa disposición a "IV mostra do libro galego", que por suposto inclúe as obras de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano.

Actividades para os alumn@s de 2º curso

Como as actividades sobre as Mil e Unha Noites que estamos a realizar divídense por ciclos, o xoves o alumnado de 2º curso tivo a oportunidade de desfrutar da actividade que o día anterior realizaramos co 1º curso.

Actividade para os alumn@s de 1º curso

Hoxe comezamos as sesións para o 2º ciclo. O alumnado de 1º escoitou tamén a historia de Alí Babá e os 40 ladróns contada a través do kamishibai, pero co texto adaptado a estes nenos un poiquiño máis maiores. Ao finalizar a historia confeccionaron uns monicreques cos que entre tod@s contaron de novo a historia.

Actividade para os alumn@s de 5 anos

O venres foi o turno do alumnado de 5 anos. Divertíronse moito coa historia de Alí Babá e confeccionando os monicreques de dedo.

Actividade para os alumn@s de 4 anos

O xoves pasado foron os alumn@s de 4 anos os que escoitaron a historia de Alí Babá e elaboraron os seus monicreques de dedo.