Saltar ao contido principal

Publicacións

Canto máis leas máis posibilidades terás de gañar!

Cada día que leves libros en préstamo entregarémosche unha papeleta para participar no sorteo de dúas CESTAS DE NADAL cargadas de libros. O sorteo celebrarase o día 22 de decembro ás 17:30 h.

Menú de Nadal

Animádevos a disfrutar do noso menú de Nadal. Pratos para todos os gustos.

"Palabra de chapeu. Contos para xogar"

Hoxe mércores, ás 17:30 h., sesión de contacontos na sala infantil da Biblioteca municipal a cargo da compañía Teatro Patán. Esperámosvos

Tras la huella de...

Este mes la muestra bibliográfica de la Biblioteca nos acerca a los libros de intriga y misterio. Esperamos que os gusten.

"Todo é silencio" de Manuel Rivas

Xa temos á vosa disposición a nova obra de Manuel Rivas. Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

Día da Biblioteca 2010

O domingo 24 foi o Día Mundial das Bibliotecas e nós celebrámolo esta semana con dúas actividades. Para os nen@s hai un contacontos con Fátima Fernández o mércores 27 ás 17:30 horas. Para os adultos seleccionamos unha serie de libros e películas nos que a biblioteca está presente. Agardamos que ambas cousas sexan do voso interese.

Xa na biblioteca "La caída de los gigantes" de Ken Follet

Ken Follet regresa coa triloxía The Century onde combina a dimensión épica e o drama humano, selo distintivo das súas obras, a unha escala nunca antes concibida, nin sequera por el. Coa mesma habilidade que nas súas novelas ambientadas na Idade Media, en The Century o autor segue os destinos entrelazados de tres xeracións de cinco familias: unha galesa, unha inglesa, unha rusa, unha alemana e outra estadounidense. Esta primeira novela, La caída de los gigantes , está enmarcada nos cruciais acontecimentos da Primeira Guerra Mundial e a Revolución rusa. A seguinte céntrase na Segunda Guerra Mundial e a terceira, na Guerra Fría. No OPAC podes ver si nestes intres o libro está prestado a outr@ usuari@.