Saltar ao contido principal

Publicacións

Presentación do libro "As orixes do pobo de Breogán no Leabhar Gabhála"

O día 20 de agosto Ramón Sainero, profesor de Literatura Celta e Irlandesa da UNED e director do Instituto de Estudos Celtas, presentou na Biblioteca o seu libro As orixes do pobo de Breogán no "Leabhar Gabhála" , publicado por Biblos Clube de Lectores na colección Mandaio. Ramón Sainero estivo acompañado por Tucho Calvo, director literario de Biblios Clube de lectores, que se encargou de presentar o acto, e do xornalista e escritor Ramón Loureiro, que fixo un breve percorrido pola vida e obra do autor.

Agosto - Na biblioteca... escoitamos historias

Durante o mes de agosto haberá catro sesións de contacontos incluídas no programa "Na biblioteca": 6 de agosto: "Os contos do Pablísimo" de San & San Teatro. 13 de agosto: "Palabras e papeis" de Fran Ínsua. 20 de agosto: Os contos da ciclobiblioteca. 27 de agosto: Os contos de Fátima Fernández. Todas as sesións serán ás 12:00 h. e contarán con entrada libre. As dúas primeiras sesións están cofinanciadas pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, dentro do programa Letras Vivas Animación.

Visita de Marisa Irimia - 22 de xullo de 2008

Onte recibimos a visita de Marisa Irimia, que nos contou varios contos do Kamishibai. Esta sesión estaba incluída no premio que recibimos na IX Campaña María Moliner.

Xullo - Na biblioteca... bricolamos

No mes de xullo as actividades do programa "Na biblioteca..." para nen@s de 3 a 12 anos cambian de horario. Haberá unha única sesión ás 12 horas. Calendario: - 2 de xullo: Obradoiro de globoflexia. - 9 de xullo: Obradoiro de papiroflexia. - 16 de xullo: Obradoiro de chenilla. - 23 de xullo: Obradoiro de escuma multicor. Para cada unha destas actividades é necesario inscribirse na biblioteca o mesmo día da súa celebración ou o día anterior. As prazas están limitadas. O día 30 de xullo haberá unha SESIÓN DE CONTACONTOS con Fátima Fernández para todas as idades con entrada libre.

Aviso!!!

Recordámosvos que durante o mes de xullo o horario da biblioteca é: Luns-venres: 9:00 a 14:00 horas. Sábados: 10:00 a 13:30 horas (excepto os días 12 e o 26 nos que a biblioteca permanecerá pechada). No mes de agosto volvemos ao horario habitual.

¡Que me leva a corrente!

Na praza exterior da biblioteca hai un taboleiro un pouco raro, ten varias casas de cores e nelas están Fluvi, os seus amigos e outros elementos estraños. ¿Para que é?. Pois é o Fluvi xogo ¡Que me leva a corrente!. Algúns de vós xa xogástes o mércores pasado nel e tod@s aos que vos apeteza probalo só tedes que pedir o dado na biblioteca.