Saltar ao contido principal

Publicacións

Xullo - Na biblioteca... bricolamos

No mes de xullo as actividades do programa "Na biblioteca..." para nen@s de 3 a 12 anos cambian de horario. Haberá unha única sesión ás 12 horas. Calendario: - 2 de xullo: Obradoiro de globoflexia. - 9 de xullo: Obradoiro de papiroflexia. - 16 de xullo: Obradoiro de chenilla. - 23 de xullo: Obradoiro de escuma multicor. Para cada unha destas actividades é necesario inscribirse na biblioteca o mesmo día da súa celebración ou o día anterior. As prazas están limitadas. O día 30 de xullo haberá unha SESIÓN DE CONTACONTOS con Fátima Fernández para todas as idades con entrada libre.

Aviso!!!

Recordámosvos que durante o mes de xullo o horario da biblioteca é: Luns-venres: 9:00 a 14:00 horas. Sábados: 10:00 a 13:30 horas (excepto os días 12 e o 26 nos que a biblioteca permanecerá pechada). No mes de agosto volvemos ao horario habitual.

¡Que me leva a corrente!

Na praza exterior da biblioteca hai un taboleiro un pouco raro, ten varias casas de cores e nelas están Fluvi, os seus amigos e outros elementos estraños. ¿Para que é?. Pois é o Fluvi xogo ¡Que me leva a corrente!. Algúns de vós xa xogástes o mércores pasado nel e tod@s aos que vos apeteza probalo só tedes que pedir o dado na biblioteca.

Xuño - Na biblioteca... Expo Zaragoza 2008

A través das actividades do mes de xuño imos "viaxar" a Expo Zaragoza 2008. Calendario: - 4 e 11 de xuño : ás 16:30 h. para nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:00 h. para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca. - 25 de xuño : ás 17:30 h. sesión especial de contacontos.

Na biblioteca "Un soño de contos" - 28 de maio de 2008

O mércores 28 ás 17:30 h. Fátima Fernández presentará o seu espectáculo "Un soño de contos" na sala infantil da Biblioteca. Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura e Deporte dentro do programa Letras Vivas Animación. Xa están as fotos .

Maio - Na biblioteca somos poetas

No mes de maio continuamos coas actividades do programa "Na biblioteca". Este mes o adicamos ás Letras Galegas e baixo o título "Na biblioteca somos poetas" imos confeccionar uns preciosos libros xigantes baseados en poemas de escritores galegos. Algúns destes poemas serán de Xosé Mª Álvarez Blázquez, autor ao que lle se adica o Día das Letras Galegas este ano. Como sempre haberá dúas sesións, ás 16:30 h. para os nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:00 h. para os de 3 a 6 anos. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse o mesmo día na Biblioteca. As datas dos obradoiros son: - 7 de maio. - 14 de maio. - 21 de maio.