Na Rede de Bibliotecas de Galicia estreamos novo programa de xestión bibliotecaria.
Unha das novidades máis salientables é que xa podedes utilizar o voso carné da Biblioteca
municipal de Ortigueira nas seguintes bibliotecas da Rede: bibliotecas
nodais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo,
bibliotecas municipais de Ferrol, Oleiros, Laxe, Sanxenxo e Vigo.
Tamén hai un cambio na política de préstamo xa que se amplía o
número de préstamos e o prazo de devolución para os libros.
Os usuarios poderedes retirar en préstamo un total de 10 documentos na Biblioteca municipal de Ortigueira e ata un total de 20 en toda a rede.
No seguinte cadro podedes velo con máis detalle:
Os usuarios poderedes retirar en préstamo un total de 10 documentos na Biblioteca municipal de Ortigueira e ata un total de 20 en toda a rede.
No seguinte cadro podedes velo con máis detalle:
O acceso ao novo catálogo é a través da dirección http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal. Nel podedes ver as novidades recentemente chegadas á biblioteca e todos os fondos da mesma. Se, ademais, autenticádesvos coas vosas claves, permítevos facer renovacións de préstamos, modificar os vosos datos se o precisades, realizar propostas de compra...
Aos usuarios que tedes dirección de correo electrónico enviáronsevos as vosas claves de acceso a semana pasada a través do mesmo. Se na nosa base de datos non consta o voso correo electrónico podedes pedir as claves na biblioteca.
Comentarios