Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 29, 2013

El despertar de la señorita Prim, de Natalia Sanmartin Fenollera

Atraída por un suxestivo anuncio, Prudencia Prim chega a San Ireneo de Arnois , un pequeno lugar cheo de encanto cuxos habitantes decidiron declarar a guerra ás influencias do mundo moderno. A señorita Prim foi contratada para organizar a biblioteca do Home da Cadeira de brazos, un home intelixente, profundo e cultivado, pero sen chisco de delicadeza. Malia as frecuentes batallas dialécticas co seu xefe, pouco a pouco a bibliotecaria irá descubrindo o peculiar estilo de vida do lugar e os segredos dos seus nada convencionais habitantes. Narrado con enxeño, brillantez e intelixencia, El despertar de la señorita Prim somérxenos nunha inesquecible viaxe en busca do paraíso perdido, da forza da razón e a beleza e da profundidade que se esconde tras as cousas pequenas.