Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 26, 2013

Andel de novidades

La isla de las mil fuentes, de Sara Lark

"La isla de las mil fuentes", de Sarah Lark , autora doutros libros de éxito como a Triloxía da "Nube Blanca" ("En el país de la nube blanca", " La canción de los maories" e " El grito  de la terra"), é unha novela de narrativa estranxeira na que a autora nos transporta agora cara ao Caribe e a beleza das súas illas: un novo territorio exótico recreado maxistralmente a través dunha historia familiar fascinante, inesquecible e única. Sarah Lark , best seller mundial grazas á Triloxía da Nube Branca ambientada en Nova Zelandia, inicia a súa nova saga familiar nun inédito e exótico setting : a illa caribeña de Xamaica e as súas plantacións de azucre. Sarah Lark é a cabeza de cartel dun xénero que fascinou a millóns de lectores en todo o mundo: o das Landscape novels : paixón, romance, viaxe e aventuras, choque de culturas, descubrimento dunha paisaxe exótica e afastada..., todo iso cunha ambientación minuciosa e uns personax

El maestro del Prado, de Javier Sierra

"El maestro del Prado" presenta un apaixonante percorrido polas historias máis descoñecidas e secretas dunha das pinacotecas máis importantes do mundo, o Museo do Prado. Unha historia fascinante de como un aprendiz de escritor aprendeu a mirar cadros e a entender unhas mensaxes ocultas que difiren da ortodoxia da Igrexa católica, unha institución que no Renacemento era visto máis como opresores que como espiritual.                                Book Trailer

Tiempo de cenizas, de Jorge Molist

En pleno Renacemento, Joan e Anna , afastados da súa terra de orixe, conseguen rexentar unha libraría que se converte no centro das intrigas de Roma. O establecemento é un símbolo do clan español dos Borgia , que goberna a cidade con man de ferro, e, polo tanto, un obxectivo a destruír polas grandes familias romanas que orden a caída do papa Alejandro VI e dos seus ambiciosos fillos Juan , César e Lucrecia . Dende a páxina oficial da novela podedes ler o primeiro capítulo, ver o seu booktrailer e acceder a contidos exclusivos.