Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 14, 2014

Aviso: Horario de Nadal

Os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro   a Biblioteca permanecerá pechada. O 5 de xaneiro estará pechada pola tarde, manténdose o  horario de mañá (de 10:00 a 13:30 horas). Os demais días abrirá no seu horario habitual.

A pena das calandras, de Obdulia Dopico Cachán

Xa temos na Biblioteca a nova novela da nosa amiga Obdulia Dopico Cachán , coa que o pasado verán quedou finalista no XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia . A "Pena das Calandras" é un relato que quere ser un aceno á xente do Val do Landro, onde se desenvolve toda a historia, mesturando personaxes reais da trama con outros de ficción. Tres asasinatos vanse aclarando por obra e graza das súas personaxes femininas: unha mulata portentosa chegada de Cuba fai anos, a súa ama de cría, Madamoiselle e a criada negra, que tamén bota as cartas; Loliña do Laranxo, Lupa Expósito e a mestra da escola, dona Maruxa, son a representación local; a todas elas únese unha garda civil moi intelixente enviada para aclarar os sucesos.

Obradoiros de Nadal

Onte realizamos as últimas sesións dos talleres de Nadal e o resultado foron unha divertidas campás e un Papá Noel . En ambos os dous casos traballamos cosendo feltro e enchendo con algodón potenciando así a motricidade fina dos nenos.

Nadal na Biblioteca

Presentación libro

O xoves Carlos Agulló presentaranos o seu libro "Addis Addis" na Biblioteca. Esperámosvos!