Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 15, 2018

Actividades Día do Libro 2018

A semana que vén teremos unha morea de actividades para celebrar o Día do Libro. Comezamos o luns 23 pola mañá coa IV edición do programa "Séntate a ler". O persoal da biblioteca iremos deixando libros sorpresa de agasallo en diferentes sitios públicos das parroquias que conforman o municipio (excepto en Santa Marta, que como veremos máis adiante ten outra data para iso).  Con motivo desta actividade ese día a biblioteca abrirá ás 12:00 h. O mesmo luns, ao longo de toda a tarde, nas instalacións da biblioteca teremos a disposición de todos aqueles que vos animedes sesións de Photocall e BookFace. A seguinte cita será o xoves 26 ás 11:30 h. no Antigo Mercado (fronte á Casa Consistorial) onde a través da campaña "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña, poremos á vosa disposición 200 libros de agasallo. (A biblioteca estará pechada en horario de mañá). Para finalizar esta semana de celebracións, o venres 27 ás 20:00 h, na biblioteca