Xa na biblioteca "El Mundo de Hielo y Fuego", a pequena enciclopedia sobre "Canción de Hielo y Fuego" realizada por George R.R. Martin, Elio Martin e Linda Antonsson. Unha visita ilustrada aos Sete Reinos e ao mundo de "Juego de tronos". "El mundo de Hielo y Fuego" é un traballo de documentación titánico que abrangue dende a Era do Amañecer ata a Idade dos Heroes; dende a chegada dos primeiros homes ata o desembarco de Aegon el Conquistador, a Danza dos Dragóns e a rebelión do rei Robert. Un verdadeiro tratado elaborado a partir de todas as fontes dispoñibles: libros e pergameos da biblioteca da Cidadela, cancións e tradicións populares, textos sagrados da Fe e o coñecemento arcano de bruxos e magos.
Ven ler á túa biblioteca