Saltar ao contido principal

Publicacións

Peche temporal da biblioteca

Como seguramente xa saberedes a biblioteca permanece pechada por mor da Covid-19 desde hai xa uns días. Na páxina de Facebook da biblioteca ( https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira ) podedes ver toda a información do que estamos a facer estes días. Coidádevos moito e vémonos pronto na biblioteca!  
Publicacións recentes

Que medo!!!

Queres ler historias de medo? Necesitas inspiración para as túas receitas máis terroríficas? Ou prefires pasar un bo susto cunha tarde de cinema? Pásache pola biblio e treme coa selección que temos preparada para ti.    

As nosas sagas favoritas

Na seguinte presentación podedes ver cales son as sagas máis lidas nos últimos tempos na biblioteca. Se picas nas diferentes portadas poderás ver no catálogo se están dispoñibles ou prestados cada un dos títulos. Ver presentación

Novo horario

Desde o 16 de setembro modificamos horarios e ampliamos servizos. Para calquera dúbida podedes contactar con nós en ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es ou no 981 400 101.    

Estamos de volta!

Desde hai uns días estamos prestando o servizo de préstamo e devolución de materiais con cita previa. O horario de atención é de luns a venres de 9:00 a 14:00 h. Podedes solicitar cita no teléfono 981 400 10 1 ou no correo electrónico ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es e debedes dicirnos que materiais vos queredes levar en préstamo (para facer a vosa selección podedes consultar o catálogo: https://catalogo- rbgalicia. xunta. gal). Se queredes facer o carné de socios, tendes consultas bibliográficas ou que facer trámites on line tamén podedes poñervos en contacto con nós a través do teléfono ou do correo electrónico.   Iremos avisando según se poidan reabrir outros servizos.

Biblioteca pechada!

Debido ás medidas preventivas de saúde pública como consecuencia da evolución do Coronavirus a biblioteca permanecerá pechada desde o 13 de marzo ata novo aviso. Non vos preocupedes pola devolución do material que poidades ter en préstamo nas vosas casas. Os exemplares poderán ser devoltos na reapertura sen penalización de ningún tipo. Queremos recordarvos que podedes facer uso da plataforma de libros electrónicos, Galiciale: https://www.galiciale.gal/ Lembrade que para acceder á plataforma só precisades ter o carné dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e ter unha conta de correo electrónico. Se tedes calquera dúbida estamos á vosa disposición no teléfono 981 400 101 e no correo ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es

Benvidos a Xapón! - 11 de marzo

Onte continuamos a nosa viaxe por Xapón. Comezamos lendo o "Gaito Kamishibaiya : educación en valores", que narra a historia de Haruto, un aviador xaponés que gozaba voando polo ceo, ata que tivo que pilotar un avión de guerra. Cando terminou aquel horror decidiu percorrer o mundo contando historias Kamishibai e regalando optimismo, alegría e sobre todo paz. É un conto moi adecuado para coñecer a historia do Kamishibai e fomentar o espírito emprendedor. Rematamos a sesión confeccionando a pomba de Haruto.