Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 6, 2022

Que aconteceu na biblioteca no mes de outubro?

A finais do mes de setembro por fin remataron as obras que se estaban a levar a cabo na biblioteca, polo que o día 3 de outubro retomamos o horario habitual (de luns a venres de 10 a 13:30 h. e de 16 a 20 h.) e pouco a pouco restablecemos todos os servizos. O día 4 recibimos a visita do mago David Méndez que, dentro do programa Ler conta moito, trouxo uns sorprendentes trucos de maxia para uns usuarios moi especiais como é a familia de ASPROMOR. O día 24 asistimos ás IV Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia que nos axudaron a cabilar novas ideas e proxectos que poñer en marcha. O día 25 celebramos o día das bibliotecas cos máis pequenos. Títeres Cachirulo fixo que pasásemos unha tarde moi divertida co espectáculo "Xela contra o dragón". Ademáis, durante todo o mes, recibimos unha morea de novidades bibliográficas das que fumos dando conta na páxina de Facebook da biblioteca .