Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 5, 2020

Día do usuario

Cada 11 de xaneiro as bibliotecas celebramos o Día do usuario porque sen vós os servizos que ofrecemos desde as mesmas non terían sentido. Nós imos celebralo facendo un pequeno obsequio a aqueles usuarios que máis utilizaron o servizo de préstamo ao longo do ano 2019. Tamén queremos desde aquí darvos as grazas a todos os que usades a biblioteca e animar aos que aínda non o facedes a que veñades vernos para que vos podamos contar todo o que vos ofrece. Esperámosvos!

Cine máis prestado no 2019 entre o público infantil

Para finalizar cos materiais máis prestados ao longo de 2019 imos cos DVD para nenos e mozos (ata 14 anos). A película máis vista foi "Peter y el dragón", seguida da última entrega de Harry Potter empatada con "El Grinch". En terceiro lugar "Se armó belén" e en cuarta posición varias películas co mesmo número de préstamos: "Peter Rabbit", "El Grinch = Dr. Seuss' How the Grinch stole Christmas", " Gru 3: mi villano favorito" e o resto das entregas de Harry Potter.

Libros máis prestados no 2019 entre o público infantil

Imos agora cos libros que máis levaron en préstamo os nenos e mozos (ata 14 anos). Trátase de títulos moi diferentes segundo a idade dos seus lectores. No primeiro e segundo posto dous cómic manga: "My Hero Academia" e "Inazuma Eleven". A continuación, cun empate dous títulos para os máis pequenos "El cachorro pirata" e "Unicornio". En cuarta posición tamén empatados en número de préstamos " Super chistes 7" e "La calle mayor". En quinto lugar un triplo empate entre "Juguemos a hacer yoga", " Mega aventura" e "Barbie", seguidos moi de preto por " Pocoyo aprende las vocales".

Cine máis prestado no 2019 entre o público adulto

En canto ao cinema en formato DVD máis prestado ao longo do ano 2019 ao público adulto temos os seguintes títulos: En primeiro lugar a película "Campeones", seguida do pack coas cinco películas de "Jurassic world". Na terceira posición a sétima e a terceira entrega da saga Harry Potter, empatadas en número de préstamos con "El renacido" e " Wonder". E o cuarto posto está ocupado tamén cun empate polo resto das películas da saga Harry Potter.

Libros máis prestados no 2019 entre o público adulto

Un ano máis imos ver cales foron os materiais máis prestados pola biblioteca durante o ano que acaba de rematar. O libro máis solicitado polo público adulto foi un temario para preparar oposicións de auxiliar administrativo de corporacións locais. En segundo, terceiro e cuarto posto tres novelas moi diferentes entre si: "La villa de las telas" de Anne Jacobs, "La cocinera de Castamar" de Fernando J. Múñez e "La reina roja" de Juan Gómez-Jurado. E en quinto lugar seis novelas que empatan en número de préstamos: os tres libros da triloxía a "La ciudad blanca" de Eva García Sáenz de Urturi, "Las hijas del capitán" de María Dueñas, "Papel y tinta" de María Reig, e "Todo lo que sucedió con Miranda Huff" de Javier Castillo.