Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 21, 2014

Adulterio, de Paulo Coelho

Linda está casada cun home rico, teñen dous fillos e a familia vive nunha fermosa casa en Xenebra, Suíza. Traballa no xornal máis importante do país, é guapa, viste ben e ten todo o que se poida desexar. A ollos de todos, a súa vida é perfecta. Non obstante, non é feliz; unha grande insatisfacción corróea e séntese culpable por non ser capaz de gozar do que ten. Por iso non fala con ninguén do que sucede. Ama o seu marido pero a relación con el volveuse rutineira, apática. Un día, o xornal envíaa a entrevistar a Jacob König , un antigo noivo do instituto que agora é un político de certa relevancia. Este encontro é suficiente para que ela se sinta capaz de facer algo co que soñaba dende rapaza, e empeza a dar renda solta ás súas fantasías. Volve sentir paixón pola vida. Agora fará todo o que sexa para conquistar ese amor imposible e descenderá ata o fondo do pozo das emocións humanas para, por fin, encontrar a súa redención. Le o primeiro capítulo