Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 14, 2018

Aviso!!!

O vindeiro venres 26 de outubro a biblioteca permanecerá pechada por formación do persoal que asistirá á I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa visitan a biblioteca

O pasado mércores comezamos as celebracións do Día da Biblioteca coa visita do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa que nos contaron a súa historia e ensináronnos a decorar unhas madalenas con pasta fondant. Pasamos unha tarde moi divertida!!!   Esta actividade está incluída no programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.