Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 19, 2016

Tu no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff

A narración de Angelika Schrobsdorff reconstrúe a vida real e inconformista da súa nai, unha muller nada nunha familia da burguesía xudía de Berlín, liberada dos prexuízos do seu tempo e desexosa de casar cun artista (e non co «exce­lente partido» que lle buscaron, un comerciante opulento e maduro). Así, Else vivirá de cheo o nacemento dun novo mundo xunto á culta bohemia berlinesa dos «tolos anos vinte», un período no que terá tres fillos de tres pais diferentes, fiel ás dúas promesas que se fixo de moza: vivir a vida coa máxima intensidade e ter un fillo con cada home ao que amase. Esta é, por tanto, a historia dunha muller singular e sedenta de independencia, que será arroiada por aquilo mesmo no que se negaba a crer ao principio: o presente. Con todo, na dura proba do exilio, Else atopará unha realidade nova e reveladora tras unha vida que ata entón estivo ente­iramente dedicada ás festas, as viaxes e o amor. Tú no eres como otras madres é un «relato real», como a Suite france

Aviso!

Día Mundial dos Océanos

A semana pasada celebramos o Día Mundial dos Océanos cun divertido obradoiro de plastilina.