Despois de recibir en Astorga o premio como Mellor Proxecto de Animación á Lectura 2008 dentro da XI Campaña de animación á lectura María Moliner, recibimos o diploma de ter quedado este ano entre os finalistas. A traxectoria da nosa biblioteca neses premios é a seguinte: 2009 Finalistas 2008 Gañadores na categoria de Mellor Proxecto de Animación á Lectura 2007 Finalistas 2006 Finalistas 2005 Finalistas 2004 Entre as 350 bibliotecas premiadas. Unha vez máis queremos agradecer a vosa participación nas distintas actividades levadas a cabo porque ese é o noso mellor premio.
Ven ler á túa biblioteca