Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 10, 2013

El cielo ha vuelto, de Clara Sánchez

Patricia é unha nova modelo de pasarela cuxa vida parece marcada polo éxito. Nun voo de traballo coñece a Viviana , a súa compañeira de asento, que lle advirte que teña coidado porque alguén do seu ámbito desexa a súa morte. Descrida e nada supersticiosa, cando Patricia regresa á felicidade do seu fogar decide esquecérselle esta recomendación sen fundamento. Ata que unha serie de fortuítos accidentes, que afectan ao seu traballo e á súa vida privada, a levan a buscar a Viviana para encontrar unha explicación a estes sucesos.

El buen hijo, de Ángeles González-Sinde

Aos seus 37 anos Vicente segue compartindo vida e negocio coa súa nai. Quere que todo cambie, pero non sabe como facelo. Quen che ensina o que non sabes? Onde se aprende a vivir mellor? A pesar de ser un tipo ao que todos aprecian, ten un importante talón de Aquiles : a súa indecisión e o seu afán por compracer a todos, o que o leva a enmarañarse en relacións afectivas confusas. Un accidente doméstico deixa a súa proxenitora impedida temporalmente, momento que Vicente aproveita para revolucionar a súa vida do xeito menos intelixente posible: namorándose de Corina , a asistenta, cuxa personalidade non é tan clara como parece.

El consejero, de Cormac Mccarthy

Un exitoso pero inxenuo avogado dos Estados Unidos decide facer unha incursión no tráfico de drogas sen saber moi ben ao que se expón. Nas poeirentas terras da fronteira entre Texas e México, un prestixioso avogado decide meterse nunha arriscada operación de tráfico de cocaína que lle pode reportar millóns de dólares. A súa intención é facelo unha soa vez e regresar á súa vida normal coa súa noiva, coa que acaba de prometerse. Non obstante, "el consejero" vese envolvido nun brutal mundo de ambición, loitas de poder e violencia que ameazan con destruír a súa vida. O autor de La carretera   fai gala do seu talento nesta impactante historia sobre correr riscos e aceptar as súas consecuencias, e o enganoso equilibrio que existe entre os dous.

Andel de novidades

Andel de novidades