Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 11, 2009

Visitas escolares do CEIP "José María Lage"

Entre os días 12 e 22 de xaneiro estamos a recibir a visita dos alumn@s do CEIP "José María Lage". En cada visita aprendemos un pouco sobre a biblioteca e realizamos unha sesión de animación á lectura.

Xaneiro - Ven a divertirte con Leo Lionni

Co novo ano comezamos un novo programa de actividades para os máis novos. Baixo o lema "Na biblioteca a diversión continúa" faremos un montón de entretidas actividades. En xaneiro "Ven a divertirte con Leo Lionni": -14 de xaneiro: Obradoiro "Pequeno azul e pequeno amarelo". -21 de xaneiro: Obradoiro "Nadarín". Coma sempre haberá dúas sesións: ás 16:30 h. para os rapaces de 7 a 12 anos e ás 18:30 h. para os de 3 a 6 anos. As prazas son limitadas, é preciso inscribirse para cada obradoiro na biblioteca. -28 de xaneiro: especial contacontos. Ás 17:30 h. para todas as idades.