Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 8, 2020

Biblioteca pechada!

Debido ás medidas preventivas de saúde pública como consecuencia da evolución do Coronavirus a biblioteca permanecerá pechada desde o 13 de marzo ata novo aviso. Non vos preocupedes pola devolución do material que poidades ter en préstamo nas vosas casas. Os exemplares poderán ser devoltos na reapertura sen penalización de ningún tipo. Queremos recordarvos que podedes facer uso da plataforma de libros electrónicos, Galiciale: https://www.galiciale.gal/ Lembrade que para acceder á plataforma só precisades ter o carné dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e ter unha conta de correo electrónico. Se tedes calquera dúbida estamos á vosa disposición no teléfono 981 400 101 e no correo ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es

Benvidos a Xapón! - 11 de marzo

Onte continuamos a nosa viaxe por Xapón. Comezamos lendo o "Gaito Kamishibaiya : educación en valores", que narra a historia de Haruto, un aviador xaponés que gozaba voando polo ceo, ata que tivo que pilotar un avión de guerra. Cando terminou aquel horror decidiu percorrer o mundo contando historias Kamishibai e regalando optimismo, alegría e sobre todo paz. É un conto moi adecuado para coñecer a historia do Kamishibai e fomentar o espírito emprendedor. Rematamos a sesión confeccionando a pomba de Haruto.