Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 2, 2020

Benvidos a Xapón!

No primeiro semestre de 2020, imos mergullarnos na cultura xaponesa. Con ela van estar relacionadas as actividades que desenvolvamos para os máis pequenos pero tamén outras actividades destinadas a diferentes tipos de público. En primeiro lugar, acabamos de poñer á vosa disposición diversos materiais que podedes levar en préstamo ou consultar na biblioteca. Uns formaban xa parte dos fondos existentes, outros acabamos de adquirilos e outros foron doados pola Fundación Japón . Ao longo destes meses iremos amosando con máis detalle devanditos materiais. Esperamos que sexan do voso interese e que gocedes das diferentes actividades programadas.