Na segunda xornada do programa "Benvidos a Xapón!" continuamos aprendendo unha morea de cousas sobre a cultura xaponesa e convertémonos nuns nipóns moi feitiños.
O pasado mércores comezamos coas actividades do programa "Benvidos a Xapón!". Nas dúas primeiras sesións traballamos co libro "Lolota en Xapón" e demos unhas pinceladas sobre a cultura xaponesa. Finalizamos confeccionando uns divertidos abanicos.