Aínda que o Día Mundial do Libro é hoxe, na biblioteca o celebramos con actividades ao longo de todo o mes. O mércores 21 celebramos o sorteo de lotes de libros entre os socios e socias que utilizaron o servizo de préstamo ao longo de todo o mes. As agraciadas foron: - Lara Penabad Peña (lote infantil) - Andrea Iglesias Fernández (lote juvenil) - Mª José Marias García (lote de adultos). Ese mesmo día vos propuxemos cubrir unha enquisa de opinión sobre a biblioteca e agradecimos a tod@s a vosa participación cun libro. Nos próximos días presentaremos un informe cos resultados. A última actividade de celebración será o día 28 no CEIP "José Mª Lage", onde o autor Anxo Fariña entregará os premios do Concurso de debuxo e levará a cabo dúas sesións de contacontos. Grazas a tod@s por participar nas diferentes actividades e FELIZ DÍA DO LIBRO.
Ven ler á túa biblioteca