Saltar ao contido principal

Hoxe celebramos o Día do Libro


Como todos sabedes no mes de abril conflúen dúas datas moi importantes no mundo do libro, que son, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e o 23 de abril, Día Mundial do Libro. Na Biblioteca celebramos estes acontecementos adicando todo o mes ao libro a través do programa "Sementando lecturas". As actividades propostas son:
  • VI Concurso de debuxo en formato marcapáxinas en colaboración co CEIP "José María Lage". Anxo Fariña entregará os premios no CEIP o próximo mércores. Na biblioteca podedes ver durante todo o mes a exposición cos debuxos premiados e con todos os debuxos participantes .
  • Sorteo de lotes de libros. Ao longo deste mes estivemos entregando papeletas de participación a todos os que leváchedes libros en préstamo. O sorteo será hoxe, día 21 ás 17:00 h.
  • Agasallo de libros. A tod@s aqueles que ao longo do día de hoxe cumplimentedes unha enquisa anónima sobre a biblioteca, que está á vosa disposición na mesma, recibiredes como agasallo un libro.
Grazas a tod@s pola vosa participación nas diferentes actividades.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.