Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 19, 2010

Gañadoras sorteo cestas de Nadal

Onte cel ebramos o sorteo das dúas cestas de Nadal entre tod@s os que utilizáchedes o servizo de préstamo ao longo do mes de decembro e as agraciadas foron: Cesta infantil: Julieta Balboa López Cesta de xuvenil/adultos: María Blanco Fafián Noraboa ás dúas. Lembrade que os días de Noiteboa e Nadal a biblioteca estará pechada. Vémonos de novo o luns. Aproveitamos tamén para desexarvos un FELIZ NADAL.

Presentación do libro "O fillo da furia"

Onte presentouse na biblioteca o libro "O fillo da furia". Tivemos a sorte de contar coa presenza dos autores, Manolo López Poy e Miguel Fernández, e do editor, Manel Craneo. Contaronnos un montón de cousas sobre como xurdiu a idea desta obra e como foi a súa elaboración. Finalmente asinaron exemplares aos asistentes que quixeron.