Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 16, 2012

Biblionadal

        Este Nadal realizaremos dúas sesións de actividades, o día 2 de xaneiro para os nenos e nenas de 3 a 6 anos e o día 3 para os de 7 a 12 anos. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse na Biblioteca. Leremos unhas preciosas historias de Nadal e realizaremos dous obradoiros de creación plástica moi divertidos.   ¡Animádevos a participar!

Novidade

Volta o Safier de Maldito karma , cun orixinal argumento tamén en torno á familia e protagonizado por unha carismática libreira.   Sinopse   A familia Van Kieren está ao borde do caos. A librería da nai, Emma, está na bancarrota; o pai traballa demasiado; a filla adolescente non aproba nin unha asignatura, e ao fillo pequeno a rapaza que lle gusta humillao. Para colmo, despois dunha festa, unha bruxa fai un feitizo aos Van Kieren e condenaos a converterse no personaxe do que van disfrazados: de repente son unha vampira, Frankenstein, a momia e o lobishome. Para romper o feitizo, este singular cuarteto partirá en busca da bruxa por medio mundo. E no camiño atoparase cun montón de monstros auténticos: vampiros, lagartos xigantes e turistas alemáns en viaxe organizado. Pero por moito que busquen, os Van Kieren non poderán deixar de ser monstros ata que volvan a crer na felicidade familiar. David Safier regresa cunha novela hilarante sobre a familia, unha historia que nos am

Andel de novidades