Volta o Safier de Maldito karma, cun orixinal argumento tamén en torno á familia e protagonizado por unha carismática libreira.
Sinopse
A familia Van Kieren está ao borde do caos. A librería da nai, Emma, está na bancarrota; o pai traballa demasiado; a filla adolescente non aproba nin unha asignatura, e ao fillo pequeno a rapaza que lle gusta humillao. Para colmo, despois dunha festa, unha bruxa fai un feitizo aos Van Kieren e condenaos a converterse no personaxe do que van disfrazados: de repente son unha vampira, Frankenstein, a momia e o lobishome.
Para romper o feitizo, este singular cuarteto partirá en busca da bruxa por medio mundo. E no camiño atoparase cun montón de monstros auténticos: vampiros, lagartos xigantes e turistas alemáns en viaxe organizado. Pero por moito que busquen, os Van Kieren non poderán deixar de ser monstros ata que volvan a crer na felicidade familiar.
David Safier regresa cunha novela hilarante sobre a familia, unha historia que nos amosa como moitas veces non valoramos o que temos máis cerca ata que o vemos con novos ollos. Se cres que a túa familia é un caos, é que ainda non coñeces aos Van Kieren: «Una novela que te hace más feliz», Buchwurm; «Para morirse de risa», Schweriner Volkszeitung.

Comentarios