Saltar ao contido principal

Las lágrimas de la diosa maorí, de Sarah Lark

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115824
Tras seducir a un millón e medio de lectores en castelán, Sarah Lark pecha a maxistral triloxía con que dá voz á muller. Agora, ademais das habituais sagas familiares ambientadas nun país exótico, Lark fálanos das pioneiras das conquistas sociais femininas: primeiro o sufraxio, despois o acceso á universidade e, por último, a posibilidade de voar, voar, voar...

Nova Zelandia, 1899. O fillo de Lizzie e Michael Drury é enviado como médico a Sudáfrica, onde se libra a guerra dos Bóers, para gran desgusto de Roberta, quen loitará para estar con el custe o que custe. Paralelamente, a moza Atamarie obtén unha importante vitoria: ser a primeira muller que cursa estudos de Enxeñaría na Universidade de Nova Zelandia. Dende nena fascináronlle os papaventos maorís, pero agora esta afección permítelle coñecer o pioneiro da aviación mundial...
www.edicionesb.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.