Saltar ao contido principal

After, de Anna Todd

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114326
O maior fenómeno editorial da historia na rede, con máis de mil millóns de lecturas online. Unha serie 'fan-fiction' escrita por unha moza de 25 anos e que grazas á plataforma Wattpad arrasa en todo o mundo.

AFTER converteuse no maior fenómeno editorial da historia a través da plataforma Wattpad, unha rede de lectura social na que escritores anónimos colgan as súas historias por capítulos e onde os lectores interactúan achegando ideas, suxerindo novas tramas e compartindo opinións co resto de usuarios. O que naceu como un hobby e unha forma de distraerse para a súa autora, Anna Todd, rapidamente foi crecendo ata chegar a miles e miles de lectores de todo o mundo que esperaban ansiosos a publicación dun novo capítulo. Os mesmos usuarios de Wattpad crearon unha comunidade de fans en máis de 15 idiomas.

Tras este éxito irresistible, Simon and Schuster, unha das principais editoriais de EUA, adquiriu os dereitos por un contrato millonario e estase a levar a cabo un gran lanzamento mundial en 30 países. A edición en papel é unha versión ampliada, revisada e enriquecida respecto á dixital que permitirá aos lectores coñecer máis detalles tanto da historia coma dos protagonistas.

Este aspecto, ademais, verase potenciado coa aplicación AFTER de descarga opcional para móbiles que Editorial Planeta creou para os lectores desta serie. A app está ideada para gozar de contido extra como listas musicais, vídeos, imaxes e outros materiais adicionais que enriquecerán a experiencia de lectura. Os dereitos de cine e televisión da novela xa se venderon e de feito xa está confirmada a produción da película.

AFTER narra a historia de Tessa Young, unha moza que se enfronta ao seu primeiro ano na universidade. Afeita a unha vida estable e ordenada, o seu mundo cambaléase cando coñece a Hardin, un rapaz tan guapo como bordo, inquietante, cheo de tatuaxes, e de aparente mala vida. Dende o primeiro momento ódianse.

Pertencen a dous mundos distintos, pero pronto se farán máis que amigos e nada volverá ser igual. Hardin e Tessa deberán enfrontarse a moitas probas para estar xuntos. A inocencia, espertar á vida, o descubrimento do sexo... as pegadas dun amor tan poderoso como a forza do destino.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Trilogía de Cornish, de Robertson Davies

Ángeles rebeldes: La Universidad de San Juan y el Espíritu Santo, adormecida en su absorbente vida académica, se revoluciona con el regreso del brillante y malvado profesor Parlabane a sus góticos muros y con el complicado legado que la universidad acaba de recibir de Arthur Cornish, uno de los más importantes coleccionistas de arte canadienses del siglo XX. Las suspicacias entre los albaceas del testamento de Cornish –los profesores Hollier, McVarish y Darcourt– se acrecientan al descubrir entre los objetos del legado un manuscrito inédito de Rabelais. La codicia que va a desatar el preciado manuscrito revelará el verdadero carácter de cada uno de los personajes de la novela. Con su prodigiosa habilidad para combinar los más variados temas, Davies urde una intriga en la que nos pasea por la vida académica, el mecenazgo, la alquimia, el coleccionismo, la tradición gitana o el apasionante mundo de los lutieres. Esta novela, la siguiente que Davies escribiría tra

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Estamos de volta no blogue

Despois duns meses inactivo retomamos o blogue da biblioteca e facémolo anunciando unha actividade que se vai desenvolver no mes de xuño. Trátase dun mercadillo solidario no que a biblioteca ofrece libros procedentes dos seus fondos ou de doazóns de veciños para que poidades levar os que sexan do voso interese. A única condición é a entrega de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao banco de alimentos xestionado polos servizos sociais do Concello. Os libros ofertados son de temática variada, desde novelas, libros infantís e xuvenís, a obras de consulta...