GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das
 bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso 
de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo 
temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os 
intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, 
informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un 
que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa
 o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos 
nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: 
tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros 
electrónicos.
Se queres máis información ven á Biblioteca.
Comentarios