Para rematar a celebración das Letras Galegas, o mércores 21 de maio ás 17:30 h., invitámosvos a asistir ao contacontos "O lobo bobo" da compañía Elefante Elegante.
Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese
vexetariano?. Que acontecería se a madastra de Branca de Neve se
convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello? A
resposta a estas e outras preguntas poderémola descubrir neste espectáculo. (Esta actividade forma parte do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia).
Comentarios