A páxina boe.es incorpora un novo servizo, a nova colección de Códigos Electrónicos en PDF e ePUB, que poderemos descargar no noso ordenador, tableta ou teléfono móbil.
Estes códigos, permanentemente actualizados, recompilan a lexislación vixente dos distintos ámbitos do dereito español: constitucional, civil, administrativo, penal, procesual, mercantil, social, tributario e financeiro. Os títulos dispoñibles iranse ampliando progresivamente ata abranguer todos os sectores do ordenamento. Permite ademais, crear unha sinxela alerta no correo electrónico, para que nos comuniquen calquera cambio e poidamos descargar a nova versión.
Comentarios