Saltar ao contido principal

El último refugio, de Tracy Chevalier

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109550
A autora de La joven de la perla regresa con forza da man desta nova heroína, unha muller que foxe da súa terra cos ollos pechados e aprende a mirar de fronte nun mundo que aínda descoñece a palabra liberdade.

Máis alá do horizonte, unha terra repleta de novas oportunidades espera. "Sempre podo volver", vai pensando a nova cuáquera Honor Bright. Mentres o barco parte de Bristol cara a terras americanas, esta idea fixa alivia as súas dúbidas e lonxe está a sospeita de que nunca verá de novo a súa querida Inglaterra...

Tras unha longa e angustiosa travesía en barco, un tráxico acontecemento obriga a Honor a enfrontarse a un mundo estraño e hostil. O Ohio de 1850 é un lugar precario, que non ofrece comodidades nin admite sentimentalismos. O sol de verán nos milleirais é abrasador, as tormentas de outono poden ser desvastadoras e en inverno a neve cae sen misericordia. As rúas están cheas de lama e esgarros, e os bosques acollen animais e homes estraños: por aí andan mofetas e mapaches, pero tamén os escravos fuxitivos que cada día pasan por estas terras en busca de liberdade.

Honor pronto aprende que valores como a compaixón e a igualdade non teñen cabida neste lugar, marcado aínda polo lastre da escravitude. Só a dignidade mantena viva e dálle forzas para seguir adiante por un camiño onde non hai espazo nin tempo para tomar o té das cinco da tarde.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca nos meses de xaneiro a marzo de 2025.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Trilogía de Cornish, de Robertson Davies

Ángeles rebeldes: La Universidad de San Juan y el Espíritu Santo, adormecida en su absorbente vida académica, se revoluciona con el regreso del brillante y malvado profesor Parlabane a sus góticos muros y con el complicado legado que la universidad acaba de recibir de Arthur Cornish, uno de los más importantes coleccionistas de arte canadienses del siglo XX. Las suspicacias entre los albaceas del testamento de Cornish –los profesores Hollier, McVarish y Darcourt– se acrecientan al descubrir entre los objetos del legado un manuscrito inédito de Rabelais. La codicia que va a desatar el preciado manuscrito revelará el verdadero carácter de cada uno de los personajes de la novela. Con su prodigiosa habilidad para combinar los más variados temas, Davies urde una intriga en la que nos pasea por la vida académica, el mecenazgo, la alquimia, el coleccionismo, la tradición gitana o el apasionante mundo de los lutieres. Esta novela, la siguiente que Davies escribiría tra...