O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en colaboración coa FEMP e a Fundación Coca-Cola, acaba de conceder os premios María Moliner pertencentes á convocatoria de 2012.
Un ano máis o proxecto de animación á lectura presentado pola nosa
Biblioteca figura entre os proxectos
premiados. Despois de obter o Premio Nacional de Animación á Lectura no
ano 2008 e varias mencións especiais noutras convocatorias, no 2012
figuramos entre os 300 proxectos seleccionados en toda España, polo que
recibiremos un novo lote de libros que pasará a formar parte dos fondos
da Biblioteca.
Moitas grazas a todos os que participastes nas diversas actividades, xa que sen vós este premio non sería posible.
Comentarios