Saltar ao contido principal

Hombres buenos, de Arturo Pérez-Reverte

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115876
A finais do século XVIII, cando dous membros da Real Academia Española, o bibliotecario don Hermógenes Molina e o almirante don Pedro Zárate, recibiron dos seus compañeiros o encargo de viaxar a París para conseguir de forma case clandestina os 28 volumes da Encyclopédie de D'Alembert e Diderot, que estaba prohibida en España, ninguén podía sospeitar que os dous académicos ían enfrontarse a unha perigosa sucesión de intrigas, a unha viaxe de incertezas e sobresaltos que os levaría, por camiños infestados de bandoleiros e incómodas vendas e pousadas, dende o Madrid ilustrado de Carlos III ao París dos cafés, os salóns, os faladoiros filosóficos, a vida libertina e as axitacións políticas en vésperas da Revolución francesa. Baseada en feitos e personaxes reais, documentada con extremo rigor, conmovedora e fascinante en cada páxina, Hombres buenos narra a heroica aventura de quen, orientados polas luces da Razón, quixeron cambiar o mundo con libros, cando o futuro acantoaba as vellas ideas e a ansia de liberdade facía cambalearse tronos e mundos establecidos.
www.alfaguara.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.