Saltar ao contido principal

En el corazón de los fiordos, de Christine Kabus

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115825
Nordfjordeid, 2010. Despois da morte da súa nai, Lisa, unha exitosa fotógrafa alemá, recibe un paquete de parte do notario da familia. Este contén un antigo medallón, coa foto dunha parella en tempos de guerra, e unha carta da súa nai.

Esta foto amarelenta levaraa a viaxar ao tranquilo pobo de Nordfjordeid, en Noruega, e será a única pista para que Lisa poida rastrexar e descubrir quen foron realmente os seus antepasados.

Lisa penetrará na vida dos fiordes e descubrirá neles non só o verdadeiro amor senón tamén a verdadeira orixe da súa nai, o que lle permitirá esclarecer os segredos que levan décadas durmidos na historia da súa familia, as sombras daquel pasado que alcanzaron e chegaron a cubrir o seu presente.

www.edicionesb.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.